22/06/2022 CONTRATACIÓN LABORAL DE PEONS PARA A CAMPAÑA DE LIMPEZA DE PRAIAS 2022

Data: 22/06/2022

Publícanse as bases para a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal para a campaña de Limpeza de praias 2022, que se financiará co programa de Limpeza de praias marítimas da Deputación Provincial da Coruña, convocatoria MA100, 2022.

Descarga as bases deste proceso selectivo en anexos. 

Data: 23/06/2022

Publicación do Anuncio convocatoria do proceso selectivo para a elaboración dunha bolsa de Emprego para a contratación de persoal laboral temporal para a campaña de limpeza de praias 2022, no BOP da Coruña núm. 119 do xoves 23 de xuño de 2022.

Publicación da instancia para participar neste proceso selectivo.

Data: 05/07/2022

Aprobación da lista provisional de admitidos/excluídos convocatoria para a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal para a Campaña de Limpeza de praias 2022, que se financiará co programa de Limpeza de praias marítimas da Deputación da Coruña, convocatoria MA100/2022 e designación do tribunal cualificador.

Nota: Convocar aos aspirantes admitidos/as para a realización da proba da fase de oposición para o mércores, 6 de xullo de 2022, ás 13:00 h da mañá, na Sala de sesións do Concello de Laxe, para o que serán convocados tódalas persoas aspirantes para a realización da proba práctica.

Data: 05/07/2022

Corrección de erros do tribunal cualificador designado por Resolución de Alcaldía núm. 389/2022, de 04/07/2022. Convocatoria para a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal para a Campaña de Limpeza de praias 2022, que se financiará co programa de Limpeza de praias marítimas da Deputación da Coruña, convocatoria MA100/2022

Data: 07/07/2022

Publícase a acta do tribunal cos resultados do proceso selectivo.

Data: 13/07/2022

Aprobación da bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal para a Campaña de Limpeza de praias 2022, que se financiará co programa de Limpeza de praias marítimas da Deputación da Coruña, convocatoria MA100/2022.

Data: 15/07/2022

Publícase o decreto de nomeamento dos peons de limpeza de praias marítimas 2022.

ANEXOS

Portal cidadán de Laxe © by Abertal