10/05/2023 Laxe celebrará o ‘Día das Letras Galegas’ con maxia, teatro e lembrando a escritores que xa foron homenaxeados


A concellaría de Comercio, Hostalaría, Turismo e Cultura do Concello, a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña, organiza unha programación especial con motivo do ‘Día das Letras Galegas’.

O domingo 14, o mago Jorge Lorenzo visitará Laxe con ‘Ilusiónate’, un espectáculo de maxia con referencias ao universo de Harry Potter.

O propio mércores, 17 de maio, será a quenda de Caxoto e ‘Unha galaxia chea de Letras Galegas’, unha función creada en homenaxe a Francisco Fernández del Riego.

Caxoto, persoa que se atopa detrás da compañía de teatro ‘A trastenda dos contos’, repasará a vida e obra do escritor ao que se lle adican este ano as Letras Galegas así como doutras figuras que tamén recibiron esta homenaxe como Rosalía de Castro, Castelao, Xera Arias ou Manuel María.

Ambas as funcións terán lugar no Salón de Actos Culturais ás 18:30 horas.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal