O Concello de Laxe recibe 15.000€ da Deputación da Coruña para o mantemento de persoal técnico deportivo para o ano 2022.
A través de cinco liñas de subvención, a Deputación dou apoio ao desenvolvemento de diferentes modalidades e do deporte base, así como de iniciativas encamiñadas ao benestar das persoas.
O ente provincial dedicou máis de 3 millóns de euros para promocionar a actividade física na provincia.