29/05/2023 As escolas deportivas de Laxe clausurarán este venres as súas actividades con varias exhibicións


As escolas deportivas do concello de Laxe clausurarán a súa actividade este venres, día 2, aproveitando o fin de curso escolar.

O evento celebrarase no pavillón municipal a partir das 18:00 horas.

Levaranse a cabo exhibicións da escola de taekwondo e da escola de hóckey a patíns, onde tamén participará o club Lubiáns de Carballo.  

Posteriormente desenvolveranse varios partidos de pais e nais contra nenos e nenas. Primeiro disputarase un de fútbol sala e despois baloncesto e predeporte.

Finalizarán a xornada varios grupos de patinaxe a través dunha exhibición.

Ao remate da clausura terá lugar a entrega de diplomas.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal