21/11/2022 O Concello mellora o parque móbil da brigada de obras municipal cun vehículo cero emisións


O Concello de Laxe xa conta cun vehículo tipo furgoneta que mellorará os servizos prestados no parque móbil da brigada de obras municipal.

Este automóbil, adquirido a través do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, facilita o traslado das persoas que forman parte da brigada, ademais dos pequenos materiais que usan os operarios.

O vehículo, de cero emisións e co distintivo ambiental, conta con equipamentos básicos como aire acondicionado, parabrisas térmico ou asistente de arranque en pendente, entre outros extras.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal