10/01/2023 D Troula, gañador do II certame de escaparates de Nadal


D'Troula, cun total de 109 votos, é o gañador do II certame de escaparates de Nadal posto en marcha polo Concello de Laxe para visibilizar os establecementos durante eses días e promover que a veciñanza e as persoas que visitasen a vila mercasen os seus agasallos na mesma.

No concurso, que abrangueu do 28 de decembro ao 4 de xaneiro, tamén participaron Estanco Casa López, Perruquería Azabache, Alquimia Parafarmacia e a Farmacia Enma González.

As votacións fixéronse efectivas mediante dúas canles: a través da páxina de Facebook municipal e tamén do servizo de mensaxería NovasLaxe.

Consulta os resultados das votacións na seguinte ligazón. ⤵

Portal cidadán de Laxe © by Abertal