O Concello de Laxe continúa traballando para mellorar as infraestruturas municipais! A partir do luns, comezarán as obras de mellora das redes de saneamento e pluviais na Praza Ramón Juega. Esta actuación supón un paso máis no compromiso do goberno municipal coa modernización e mantemento das instalacións urbanas.📌 IMPORTANTE: Durante a execución dos traballos, un carril da Rúa Rosalía de Castro permanecerá cortado, polo que pedimos comprensión á veciñanza polas posibles molestias ocasionadas.✅ Cun investimento de 124.958,60 euros de fondos propios, esta obra permitirá renovar e optimizar as redes de saneamento e pluviais, garantindo unha mellor xestión das augas na zona.Paco Charlín e o seu equipo de goberno seguen traballando por un municipio con infraestruturas máis eficientes e adaptadas ás necesidades da cidadanía. Seguiremos informando sobre os avances desta actuación.📢 Grazas pola vosa colaboración!