O Concello de Laxe informa da concesión dunha axuda ao abeiro da Intervención LEADER do PEPAC 2023-2027, Intervención 7119, convocatoria 2025, destinada ao proxecto “Rehabilitación das fontes e lavadoiro do Bieiteiro”.
Esta actuación conta cun orzamento total de 15.606,24 euros e cunha axuda pública concedida de 7.483,24 euros. Do importe da axuda, 5.986,59 euros corresponden ao cofinanciamento da Unión Europea, equivalente ao 80 %, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).O proxecto enmárcase no Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PAC) 2023-2027 e na iniciativa LEADER – Desenvolvemento liderado polas comunidades locais, orientada a impulsar actuacións que contribúan á mellora e posta en valor do territorio rural.A intervención permitirá actuar sobre as fontes e o lavadoiro do Bieiteiro, contribuíndo á recuperación e conservación deste espazo e do patrimonio de carácter tradicional do municipio.
Datos da actuación
| << | < | Setembro de 2026 | > | >> | ||
|---|---|---|---|---|---|---|
| L | Ma | Mé | X | V | S | D |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |