O Concello de Laxe presenta a nova data para a III Charla e saída micolóxica, que tivera que ser adiada por mor das malas condicións meteorolóxicas. Finalmente, realizarase o vindeiro sábado, 18 de novembro, entre as 10:00 e as 13:30 horas.
Tal e como estaba programado, o evento estará dirixido polo poñente José Manuel Castro Marcote, socio da entidade Pan de Raposo, que se encargará de guiar a xornada.
Ademais da recollida e aprendizaxe dos distintos tipos de fungos, este tipo de actividades buscan promover o valor da diversidade micolóxica.
As últimas prazas dispoñibles poderanse formalizar a través do número 981 70 69 03 ou mediante o correo electrónico cultura@concellodelaxe.com ata o venres, 17 de novembro, ás 12:00 horas.
Galería de imaxes
<< | < | Decembro de 2023 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |