LIGA ATLÁNTICA DE BILLARDA 20-21 EN LAXE

Dende o 15-06-2021 ata o 30-06-2021

LIGA INTERNACIONAL DE BILLARDA

Esta aventura chamada LNB ten a súa orixe na Mariña de Lugo e na mente dun grupo de persoas que devecían por recuperar a práctica da billarda.
Esta actividade física, lúdica, cultural e deportiva tivo tamaño arraigo en Galicia que a converteu nun dos xogos máis populares, coñecidos e practicados durante séculos. A comezos do século XXI, a billarda non se practicaba e só en festividades ou acontecementos sinalados podíase ver voar este artefacto de madeira.
Pois ben, no 2003 comezou a recuperación coa celebración dos primeiros Torneos Abertos de Billarda na Mariña. Pasados dous anos, no 2005, constituíuse a ACD O Varal para dar soporte xurídico a aquela fantástica idea de crear a LNB como ferramenta e estrutura para fomentar e favorecer a práctica deste deporte tradicional.
A día de hoxe, a LNB está cumprindo a obxectivo que aqueles pioneiros e pioneiras da Mariña luguesa imaxinaron, a de normalizar a practica da billarda entre todas as galegas e todos os galegos de calquera idade e condición. A modalidade de billarda da LNB practícase en todas as provincias galegas e a visibilidade que esta liga lle deu sacou a billarda da memoria dos nosos antepasados para levala de novo ás zonas de ocio e recreo do noso país.A LNB está organizada en 3 Conferencias: NorlesteNoroeste e Rías Baixas. Cada Conferencia disputa un numero de xornadas anuais. É unha liga Aberta, calquera pode incorporarse en calquera momento da temporada. Ao final da temporada celébrase a FinaLNB. Participan nesta final aquelas persoas que se clasificaron pola súa Conferencia respectiva.

O CAMPIONATO EN LAXE

De 11.00 a 14.00 horas, este domingo celebrarase o campionato no noso Concello, sendo xa a 8ª xornada.

Este ano, celebraraseno Campo Municipal de Fúltbol Cabo da Area Rogelio Martínez. En caso de choiva, trasladarase ó Pavillón Polideportivo Municipal.

Para poder participar no campionato, é necesario inscribirse previamente. No caso de ter interese en participar, podes poñerte en contacto co Departamento de Cultura do Concello, chamando ó teléfono do Concello ou enviándonos por email a cultura@concellodelaxe.com o teu nome, apelidos, DNI, ano de nacemento e teléfono de contacto.

Anímate e participa!

Portal cidadán de Laxe © by Abertal