ASOCIACIÓN CULTURAL DE AMIGOS DA CORAL POLIFÓNICA MUNICIPAL “ATALAYA” DE LAXE
A Asociación Cultural de Amigos da Coral Polifónica Municipal “Atalaia” de Laxe constituíuse o 15 de marzo 2008. Foi inscrita na Xunta de Galicia, Delegación Provincial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Coruña, o 19 de agosto de 2008, como asociación sen ánimo de lucro.
Os seus principais fins son:
- A promoción, exposición, apoio e formación dos membros que configuran a Coral Polifónica Municipal “Atalaia” de Laxe
- A divulgación da música coral
- O intercambio de experiencias con corais doutros lugares
- A cordinación e colaboración coas institucións públicas e privadas, na potenciación da música coral
- A recuperación e divulgación da música tradicional galega na versión coral
Comeza a súa actividade o mesmo ano da súa fundación, que se desenvolve progresivamente a partires do ano 2010, coa organización de intercambios con outras corais das catro provincias galegas, así como das comunidades de Asturias, Cantabria, Castela-León, Extremadura, Madrid e Portugal.
Pretende levar fora do noso Concello a imaxe do mesmo, transmitindo a ledicia e a forza do noso pobo mariñeiro e das súas xentes, a través das voces da Coral, que con orgullo leva o nome da súa patroa e do seu pobo “ATALAIA DE LAXE”.
XUNTA DIRECTIVA
PRESIDENTE: Miguel Ángel Taracido Cayuela
VICEPRESIDENTE: Jesús María Pose Lema
SECRETARIA: Matilda Fraguela López
TESOUREIRA: María Rodriguez Correa
VOGAIS: María Carmen Correa Amado