Presentación

En días previos ao Sacramento, e como non podía ser doutra maneira; nun bar, un grupo de veciños con moito cariño a esta vila, que os viu medrar, apenábanos que non se fora celebrar esta festa. Non sei se foi a Lúa, as Estrellas (Galicia), ou ese orgullo que só poden sentir os que vivimos na aldea, pero esa noite quixemos poñernos en marcha para dar unhas festas a Traba e, por suposto, algo do que falar. Coa luz do día, xa vimos que as cousas requiren do seu tempo e aínda que xa tiñamos todo en mente, había que telo en papeles polo que non chegamos a celebrar as cacholas co noso pobo. Iso só nos deu máis forza para comezar a traballar nas nosas grandes festas: A ROMARÍA DA VIRXE DOS MILAGROS.

Todo o que veña, xa formará parte do pobo e contarémolo polas nosas Redes Sociais.

Agora só pedimos a vosa colaboración e disfrute nestas vindeiras festas. GRAZAS

Finalidade

a) Dinamizar e enriquecer a vida social e cultural do Concello de Laxe.

b) Promocionar a cultura e o idioma galegos, recuperando as tradicións do noso pobo en xeral e, do Concello de Laxe, en particular.

c) Ofrecer alternativas enriquecedoras e de ocio para a ocupación de tempos libres da veciñanza.

d) Realizar intercambios culturais e de carácter recreativo, lingüístico e cultural con outras organizacións da comunidade galega.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal