Laxe Emprego xurde da necesidade de impulsar accións que favorezan e faciliten a busca de emprego dos seus veciños e veciñas.
É un servizo innovador que estará dirixido a tódolos veciños e veciñas que busquen información, orientación e asesoramento sobre temas vencellados co traballo. Está enfocado tanto a aquelas persoas que estén en situación de desemprego como aqueloutras, que aínda que estén traballando, perseguen unha mellora laboral. Facendo de servizo un espazo de encontro e de referencia para a busca activa de emprego e onde os usuarios e usuarias xeren a súa propia rede de apoio.
OBXECTIVOS:
§Capacitar ou dotar os usuarios e usuarias das suficientes ferramenta e mecanismos para acceder dunha forma autónoma e activa á busca de emprego e o seu mantemento.
§Identificarse como un espacio de referencia activo, innovador e solidario para os demandantes de emprego e aqueloutras que busquen mellorar a súa situación laboral.
§Ofrecer, desde diversas vertentes, un acceso directo e gratuíto a información laboral.
§Dinamizar un espazo atractivo para aquelas persoas que busquen orientación e asesoramento para a busca de emprego.
§Fomentar a cooperación e colaboración entre persoas en situación de busca de emprego, empregadores/as e axentes de formación.
TIPOS DE ACCIÓNS
§Entrevista Ocupacional para coñecer o perfil profesional-ocupacional.
§Obradoiros de Orientación cara a búsqueda de emprego
§Charlas informativas, charlas coloquio, mesas redondas, vídeo forum, preténdese artellar un sistema no que sexan os propios usuarios e usuarias quen nos suxiran as súas inquedanzas e propostas para levar a cabo estas accións.
<< | < | Xullo de 2025 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |