A Oficina de Información ó Consumidor é un dos servizos que presta o Concello de Laxe a través do Departamento de Cultura, Benestar Social, e Emprego. A través deste servizo pretendemos solucionar tódalas dúbidas que a cidadanía teña entorno os seus dereitos coma consumidor.
Dende a Omic xestionamos tódalas reclamacións de consumo que se presentan ante o Concello de Laxe e facemos un seguimento destas ata a súa resolución definitiva.
Somos moi conscientes neste mundo tan globalizado no que nos tocou vivir de que é necesario informar á cidadanía dos seus dereitos para así evitar os abusos que algunhas empresas sen escrúpulos cometen contra os consumidores a raíz da terrible competencia que hai para vender nunha sociedade coma a nosa.
Se tendes algunha dúbida sobre os vosos dereitos ou necesitades poñer unha reclamación de consumo poñédevos en contacto coa Omic de Laxe pois estaremos encantados de resolver tódalas dúbidas e reclamacións que teñades sobre consumo.
A OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR
A OMIC é un servicio gratuito de información ó usuario dependente do concello.
¿QUÉ SE ENTENDE POR CONSUMIDOR?
É consumidor ou usuario calquer persoa física que adquira, utilice ou disfrute bens mobles ou inmobles, productos, servicios e actividades. Calquera que sexa a natureza, pública ou privada, individual ou colectiva; sempre que o seu destino final sexa para o seu uso persoal, familiar ou colectivo.
A OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR
Non poderán beneficiarse dos servicios prestados pola OMIC os empresarios, xa que estes teñen entidades que miran polos seus dereito.
FUNCIÓNS DA OMIC
1.- Informar, axudar e orientar ós consumidores e usuarios.
2.- Recepción, rexistro e acuse de recibo de reclamacións e denuncias dos consumidores, para remiti-los, posteriormente o Instituto Galego de Consumo ou á Xunta Arbitral de Consumo de Galicia.
3.- Facilita-las vías para a resolucíón de litigios entre empresarios e consumidores.
4.- Resolver-los problemas cotidiáns mediante a realización de actos de mediación entre as partes.