Saúda

O Noso Alcalde

Alcalde de Laxe José Luís Pérez Añón

Benvidos á Web oficial do noso concello.

A través desta canle virtual queremos por nas vosas mans tódolos servizos e posibilidades que ofrece o noso concello, facéndovos participes do traballo municipal que estamos a realizar para vós, que sodes a alma desta terra.

O recurso máis prezado co que conta un concello son as súas xentes, que son tamén a razón desta páxina web, que para eles foi creada. Deste xeito queremos sentirnos máis preto dos nosos veciños, manténdoos informados das novidades municipais, do que acontece en cada departamento municipal así como todo aquilo que se trata nos plenos e que lles afecta na súa vida diaria.

Ó mesmo tempo quere ser unha fiestra que ensine ao resto do mundo, a nosa xente, as nosas parroquias, e como non, a súa historia, e o seu patrimonio cultural e natural. Un municipio turístico galego como o noso non podía esquecer a aqueles que nos visitan tódolos anos e comparten connosco o seu descanso, sentindo e vivindo Laxe como propio.

Tampouco queremos esquecer a aqueles veciños que se viron obrigados a emigrar, buscando traballo e prosperidade en terras alleas. A través desta canle virtual queremos achegar o seu concello aos seus lugares de residencia para quen poidan sentir máis preto a terra que lles é propia, agardando esperanzados o seu retorno.

Aproveito, finalmente, este espazo para animar a tódolos internautas a que naveguen polas diferentes páxinas da nosa web na que, de seguro, atoparán información moi útil sobre a actividade municipal e sobre o noso concello.

Un agarimoso saúdo

O voso alcalde
José Luís Pérez Añón


Portal cidadán de Laxe © by Abertal