Son pensións que aseguran as persoas en situación de invalidez ou discapacidade unha prestación económica, asistencia médico-farmaceutica gratuíta e servizos sociais complementarios, aínda que non teña cotizado ou se cotizara de xeito insuficiente para acadar o dereito a unha pensión contributiva.
. Ser mayor de idade e menor de 65 anos.
. Ter ingresos ou rendas propias inferiores á contía da pensión
. Residir legalmente no territorio español polo menos 5 anos dende que naceu dos cales 2 ten que ser consecutivos e inmediatamente anteriores a data da solicitude.
. Carecer de rendas ou ingresos suficientes inferiores ao importe da pensión
. Ter unha discapacidade ou enfermidade crónica en grao igual ou superior ao 65%.
. Que os ingresos ou rendas da unidade de convivencia non superen o límite de acumulación de recursos computado da seguinte forma:
. Solicitante que vive con familiares unidos por matrimonio ou parentesco de segundo grado: o límite equivale á contía, en cómputo anual, da pensión mais o resultado de multiplicar o 70% da cifra anterior polo número de convivintes menos un.
. Solicitante que vive con familiares de primeiro grado: o límite equivale á contía calculada anteriormente multiplicada por 2,5.
COMPLEMENTO DE TERCEIRA PERSOA
As persoas afectadas por unha discapacidade ou enfermidade crónica nun grao igual ou superior ó 75 % e que precisen a axuda doutra persoa para realizar os actos máis esenciais da vida diaria, poden ter dereito ó complemento por terceira persoa, sempre que superen o baremo correspondente.
Non se solicita, aplícase directamente e supón o 50% do importe da contía da pensión non contributiva, fixada para o ano correspondente.
. Solicitude
. Fotocopia do DNI
. Certificado de minusvalía ou informes médicos compulsados
. Certificado dos diferentes padróns municipais de residencia, ou no seu defecto, informe do concello, especificando o tempo de residencia e o número de convivintes
. Xustificante de ingresos da unidade familiar.
Durante todo o ano
<< | < | Xuño de 2024 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |