O Concello de Laxe colabora este ano no I torneo de fútbol praia organizado pola SD Laxe para os próximos días 13 e 14 de agosto. Repartiranse máis de 1.000 euros en premios e tamén un xamón.
O prazo de inscrición remata o vindeiro venres 12 de agosto, ás 21:00 horas, podendo formalizarse a mesma chamando ao 664 086 846 ou no bar ‘O Bocho’ de Laxe. A cuota é de 100 euros.
Ademais, o día 12, ás 21:30 horas, no mesmo bar farase un sorteo dunha cea valorada en 100 euros para realizar en calquera dos establecementos de Laxe que son patrocinadores.
Desde o goberno local animan a toda a veciñanza a que se una a unha iniciativa “moi enriquecedora, tanto a nivel deportivo como de ocio e compañeirismo, que ademáis fortalece á SD Laxe e aos locais e establecementos do concello”.
<< | < | Abril de 2026 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |