O Concello saca a licitación as obras para a mellora do firme e seguridade viaria na estrada municipal que vai á praia de Traba na zona de Mórdomo, na parroquia de Traba. O orzamento do proxecto ascende a 51.210, 01 euros con cargo ao Plan Único 2021 da Deputación da Coruña.
As intervencións centraranse no acondicionamento do firme nos cruzamentos, así como a mellora da sinalización horizontal e vertical. Ademais, verase reforzado o pavimento da vía situada entre os cruzamentos do Rego do Río Vago e a canle. Tamén se implantarán bandas transversais de alerta e substituíranse as barreiras de seguridade por outras con postes parafusados á estrutura.
O edil de Obras, Eulogio Constantino, sinala que estas actuacións “permitirán mellorar unha zona moi transitada polo tráfico rodado, sobre todo en época estival, aumentando así a seguridade viaria tanto de condutores como de viandantes”.
<< | < | Abril de 2026 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |