Laxe celebrou este mércores a 60ª edición do Simulacro do Naufraxio, un evento único na Costa da Morte que logrou reunir a centos de persoas no porto da vila. Esta recreación, declarada de Interese Turístico de Galicia, foi dedicada ao impulsor da mesma: Avelino Lema Santos, falecido no ano 2020.
A actividade, enmarcada dentro das festas patronais de Laxe que se celebran do 14 ao 17 deste mes, arrincou coa homenaxe a Avelino previa celebración da misa solemne pola Virxe do Carme (12:00 horas). Posteriormente foi interpretada unha Salve Mariñeira por Antonio Barros en memoria de todos os náufragos para dar paso á procesión da Virxe por terra ata o porto, onde se representou o Naufraxio ante centos de persoas. Despois da función tivo lugar a procesión marítima.
Desde o goberno local afirman sentirse moi “orgullosos e orgullosas de todo o traballo realizado polas persoas implicadas nesta recreación tan especial, dedicada este ano a un dos nosos veciños máis queridos: Avelino Lema Santos”. Tamén sinalan que esta homenaxe desenvolverase durante próximas edicións xa que “é importante seguir tendo presente ao impulsor dun acontecemento moi especial que pon a Laxe no mapa a nivel turístico pero, sobre todo, cultural”.
| << | < | Maio de 2026 | > | >> | ||
|---|---|---|---|---|---|---|
| L | Ma | Mé | X | V | S | D |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |