O concello de Laxe destinou no ano 2024 a través do Plan Único dos concellos , POS+ Gastos Sociais Extraordinarios 2024, promovido pola Deputación da Coruña, un importe de 39.086,15€
A finalidade deste plan é apoiar aos servizos sociais municipais, permitíndolles incrementar o seu gasto social extraordinario e a tramitación urxente das prestacións sociais necesarias en situación de risco de exclusión, freando e previndo tanto a cronificación como o círculo vicioso da desigualdade social, incidindo nos fenómenos que xeran malestar e conflito ás persoas mais vulnerabilizadas e procurando o benestar social do conxunto da poboación dos municipios.
O concello de Laxe dedicou o importe concedido a reforzar os seus servizos sociais mediante axudas de emerxencia social, reforzo do servizo de axuda no fogar, servizo de podoloxía a domicilio e investimento en equipamento informático para a mellora da prestación dos servizos que se prestan ás persoas usuarias dos servizos sociais.
<< | < | Xuño de 2025 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |