O próximo domingo 11 de maio terá lugar unha ruta de sendeirismo guiada pola Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, organizada polos Concellos de Laxe e Vimianzo.
Trátase dunha oportunidade única para descubrir este espazo natural de gran valor paisaxístico e xeolóxico, nun percorrido circular de aproximadamente 8 km.
A saída será desde a Escola de Pasarela ás 9:30 h, e a actividade rematará arredor das 14:00 h.
Desde o Concello de Laxe animamos á veciñanza e visitantes a participar nesta actividade, que permitirá poñer en valor a riqueza natural do noso territorio.
<< | < | Xuño de 2025 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |