Mediante Resolución da Alcaldía núm. 362/2025, de data 27 de maio de 2025, aprobáronse as bases que rexerán o proceso de contratación laboral temporal de tres peóns/peoas forestais para a xestión da biomasa e limpeza de montes no termo municipal de Laxe, ao abeiro do Programa Aprol Rural 2025. A contratación será financiada a través dunha subvención concedida ao Concello de Laxe pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, dentro do devandito programa, dirixido á contratación de persoas desempregadas en concellos rurais, co obxectivo de contribuír á prevención de incendios forestais mediante a roza e limpeza de montes e espazos forestais. A selección do persoal realizarase mediante oferta presentada polo Concello de Laxe na Oficina do Servizo Público de Emprego de Carballo, que será a encargada de realizar a preselección e remitir ao Concello a relación de persoas candidatas para participar no proceso selectivo. Requisitos das persoas candidatas:
<< | < | Xuño de 2025 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |