17/03/2026 Envellecemento activo e actuacións contra a soidade non desexada

Envellecemento activo e actuacións contra a soidade non desexada

Laxe contou no exercicio 2025 co programa de envellecemento activo e actuacións contra a soidade non desexada subvencionado pola Deputación Provincial de A Coruña con 7.000€ e dirixido a persoas maiores co fin de favorecer a súa socialización, potenciando a rehabilitación funcional, a súa permanencia no seu entorno sociofamiliar e a súa participación en actividades formativas específicas para un envellecemento activo fomentando o seu benestar físico, emocional e social.

O Concello de Laxe destinou no ano 2025 e grazas a subvención concedida pola Deputación Provincial de A Coruña un total de 7.000€ para as seguintes actividades: . Envellecemento activo (Ximnasio da mente), dirixida a persoas maiores, para unha prevención do deterioro cognitivo. Realizado dende o mes de febreiro ata o mes de maio de 2025, realizándose 71 sesións que se levaron a cabo con grupos de persoas maiores de Laxe, Serantes, Soesto, Traba e Aplazadoiro, e sendo a participación de 100 persoas de todo o Concello. .

Visita  ó balneario de Cuntis o día 28 de novembro de 2025, incluindo o transporte e a entrada ó balneario.
Asistiron 55 persoas maiores de 60 anos de idade e o obxetivo foi que coñeceran as terapias termais para as patoloxías asociadas á idade, impulsando hábitos de vida saudables e contribuido a mellorar a súa calidade de vida, pero sobre todo unha oportunidade inmellorable de descanso e de relacionarse socialmente coas demais.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal