24/04/2026 O Concello de Laxe mellora a rede de abastecemento en Peñascales

O Concello de Laxe continúa a apostar pola mellora das infraestruturas básicas co desenvolvemento do proxecto de mellora da rede de abastecemento na zona de Peñascales.
Esta actuación está financiada a través de Augas de Galicia, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, con fondos europeos NextGenerationEU, e forma parte do PERTE de dixitalización do ciclo da auga, concretamente no seu compoñente 5 e investimento nº 3.
O proxecto conta cunha subvención de 24.751,63 euros, que permitirá optimizar o funcionamento da rede de abastecemento, mellorando a eficiencia do sistema e garantindo un servizo máis fiable e de maior calidade para a veciñanza.
Desde o Concello de Laxe subliñan que este tipo de intervencións son fundamentais para avanzar cara a unha xestión sostible dos recursos hídricos, reducindo perdas na rede e reforzando o compromiso coa modernización dos servizos públicos municipais.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal