27/08/2026 O Concello de Laxe recibe unha axuda LEADER para a rehabilitación das fontes e do lavadoiro do Bieiteiro

O Concello de Laxe recibe unha axuda LEADER para a rehabilitación das fontes e do lavadoiro do Bieiteiro

O Concello de Laxe informa da concesión dunha axuda ao abeiro da Intervención LEADER do PEPAC 2023-2027, Intervención 7119, convocatoria 2025, destinada ao proxecto “Rehabilitación das fontes e lavadoiro do Bieiteiro”.

Esta actuación conta cun orzamento total de 15.606,24 euros e cunha axuda pública concedida de 7.483,24 euros. Do importe da axuda, 5.986,59 euros corresponden ao cofinanciamento da Unión Europea, equivalente ao 80 %, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).O proxecto enmárcase no Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PAC) 2023-2027 e na iniciativa LEADER – Desenvolvemento liderado polas comunidades locais, orientada a impulsar actuacións que contribúan á mellora e posta en valor do territorio rural.A intervención permitirá actuar sobre as fontes e o lavadoiro do Bieiteiro, contribuíndo á recuperación e conservación deste espazo e do patrimonio de carácter tradicional do municipio.

Datos da actuación

  • Proxecto: “Rehabilitación das fontes e lavadoiro do Bieiteiro”
  • Promotor: Concello de Laxe
  • Prazo de execución: 15 de xullo de 2026
  • Orzamento: 15.606,24 €
  • Axuda pública: 7.483,24 €
  • Cofinanciamento da Unión Europea: 5.986,59 € (80 %)
  • Fondo: Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)
  • Programa: Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 – Intervención LEADER 7119, convocatoria 2025
A través desta publicación, o Concello de Laxe dá cumprimento ás obrigas de información e publicidade da axuda concedida e do cofinanciamento da Unión Europea.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal