27/10/2026 O CONCELLO DE LAXE REFORZA A CONSERVACIÓN E DIVULGACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL DO MUSEO DO MAR CON NOVOS EQUIPAMENTOS

O CONCELLO DE LAXE REFORZA A CONSERVACIÓN E DIVULGACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL DO MUSEO DO MAR CON NOVOS EQUIPAMENTOS

O CONCELLO DE LAXE REFORZA A CONSERVACIÓN E DIVULGACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL DO MUSEO DO MAR CON NOVOS EQUIPAMENTOS

O Concello incorpora unha nova vitrina, equipamento informático, deshumidificadores e sistemas audiovisuais grazas a unha subvención da Xunta de Galicia, co obxectivo de mellorar a protección das coleccións e avanzar na dixitalización dun arquivo de 130.000 imaxesLaxe, 27 de outubro de 2026.

O Concello de Laxe continúa apostando pola conservación, protección e posta en valor do seu patrimonio histórico e cultural a través da incorporación de novos equipamentos ao Museo do Mar de Laxe, unha actuación desenvolvida ao longo deste ano 2026 que permitirá mellorar as condicións de conservación das súas coleccións e reforzar os recursos destinados á investigación e divulgación.Estas melloras enmárcanse no Proxecto de adquisición de equipamento para a conservación preventiva, divulgación e almacenaxe da colección permanente do Museo do Mar de Laxe, impulsado polo Concello ao abeiro da liña de axudas da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, destinada aos museos e coleccións integrados na Rede Galega de Museos.

Grazas a esta colaboración económica, o Concello puido dotar o centro museístico de novos medios materiais e tecnolóxicos que contribuirán tanto á preservación dos fondos históricos como á modernización das ferramentas empregadas para a súa difusión.

Melloras na conservación e protección das colecciónsEntre as actuacións realizadas destaca a adquisición dunha nova vitrina para a planta baixo cuberta do museo, destinada á almacenaxe, custodia e exposición de pezas culturais e documentos históricos.Este equipamento permitirá reforzar a conservación preventiva dos fondos, ofrecendo unha maior protección fronte aos factores ambientais e aos posibles danos físicos, garantindo así unhas condicións máis adecuadas para a preservación a longo prazo do patrimonio que alberga o Museo do Mar.Ademais, instaláronse catro novos deshumidificadores, un por cada planta do edificio, co obxectivo de controlar os niveis de humidade ambiental.
Trátase dunha medida especialmente importante tendo en conta a localización do museo nunha zona costeira caracterizada por un clima oceánico e chuvioso, onde a humidade pode representar un risco para a correcta conservación das pezas e documentos históricos.Un impulso á dixitalización dun arquivo de 130.000 fotografías

Outra das principais novidades é a incorporación dun ordenador de alta capacidade, que permitirá avanzar no tratamento dixital do importante arquivo fotográfico do Museo do Mar de Laxe, integrado por arredor de 130.000 imaxes.Este novo equipamento facilitará os traballos de dixitalización, organización e tratamento documental, tanto dos fondos existentes como das novas incorporacións que se produzan no futuro.

Así mesmo, servirá de apoio para o desenvolvemento de actividades culturais e divulgativas, como charlas, simposios e xornadas relacionadas coa colección permanente e coa temática marítima e histórica do centro.No ámbito audiovisual, tamén se adquiriron dous novos reprodutores multimedia para as pantallas de televisión do museo, que substituirán equipos que se atopaban avariados.Estes dispositivos permitirán continuar ofrecendo aos visitantes contidos audiovisuais, seleccións fotográficas e documentación histórica distribuídos polas catro plantas do edificio, enriquecendo a experiencia da visita e facilitando unha mellor comprensión do patrimonio exposto.

Compromiso coa preservación e difusión do patrimonio de LaxeCon este conxunto de actuacións, o Concello de Laxe reafirma o seu compromiso coa conservación e posta en valor do patrimonio cultural, histórico e marítimo do municipio, así como coa mellora continua dos recursos e instalacións do Museo do Mar.O Goberno local considera fundamental seguir investindo en equipamentos que permitan protexer os fondos documentais e museísticos, facilitar o acceso ao coñecemento e impulsar novos proxectos de investigación e divulgación.

Neste sentido, as melloras realizadas durante 2026 supoñen un novo avance na modernización do Museo do Mar de Laxe, consolidándoo como un espazo de referencia para a conservación e transmisión da memoria histórica, cultural e mariñeira da vila.

O Concello de Laxe continuará traballando para garantir que este valioso legado patrimonial se conserve nas mellores condicións e poida seguir sendo coñecido e desfrutado polas xeracións presentes e futuras.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal