Un grupo de veciños e veciñas de Laxe maiores de 60 anos desfrutou dunha agradable excursión ao Balneario de Laias, en Cenlle (Ourense), organizada polo Concello de Laxe.
Unha xornada dedicada ao descanso, á saúde e ao benestar, na que os participantes puideron desconectar da rutina, relaxarse e compartir momentos de convivencia nunha contorna privilexiada.
Desde o Concello de Laxe seguimos apostando por actividades que fomenten o envellecemento activo, a convivencia e a mellora da calidade de vida dos nosos maiores.
Queremos expresar o noso agradecemento á Deputación da Coruña polo seu apoio e colaboración, a través da subvención que fixo posible a realización desta actividade. Grazas ao seu financiamento, podemos seguir promovendo iniciativas que contribúen ao benestar e á participación activa da nosa veciñanza.
Porque coidar dos nosos maiores e ofrecerlles momentos para desfrutar tamén é unha prioridade!
Concello de Laxe, comprometidos co benestar da nosa veciñanza.
| << | < | Novembro de 2026 | > | >> | ||
|---|---|---|---|---|---|---|
| L | Ma | Mé | X | V | S | D |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |