08/06/2023 Resolución concesión definitiva e orden de pago subvencións PEL-OR 2022

A Asociación Cultural Comisión de Festas de Laxe e a Asociación Cultural As Quenllas de Soesto rebirán nos vindeiros días unha axuda de económica por parte do Concello de Laxe por importes de 3.500€ e 1.500€ respectivamente co obxecto de subvencionar parte dos gastos ocasionados pola contratación de orquestas durante a celebración das festas patronais e populares organizadas por ditas entidades durante o ano 2022 no noso Concello, cuxa Resolución da alcaldía de concesión, foi publicada no BOP núm.108 do 8 de xuño: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/06/08/2023_0000004431.pdfA concesión destas axudas foi posible, á súa vez, grazas á solicitude e tramitación de subvención por parte do Concello de Laxe á Deputación da Coruña dentro do PROGRAMA PEL – CONCELLOS_ AXUDAS AO SECTOR DAS ORQUESTRAS E VERBENAS, INCLUÍDO NA LIÑA 1.3 DO PLAN DE EMPREGO LOCAL ANO 2022.Estas subvencións da Deputación da Coruña tiñan como destinatarios ós concellos da Provincia con poboación inferior ós 50.000 habitantes, co obxecto de facilitar a estes o contratar directamente as orquestras para a realización de festas patronais e populares, que por tradición se veñen celebrando en emprazamentos ao aire libre do seu termo municipal, para desfrute de toda a poboación ou ben, co obxecto de subvencionar ás comisións organizadoras de festas patronais e populares que por tradición se veñen celebrando en emprazamentos ao aire libre do seu termo municipal, para contratar orquestras para as ditas festas patronais e populares.O importe total da concesión de dita subvención ó Concello de Laxe por parte da Deputación da Coruña durante o ano 2022 ascendeu a un total de 5.000€, importe que o Concello de Laxe distribuíu de maneira proporcional e equitativa entre todas as Asociacións e Comisións de Festas do Concello de Laxe que solicitaron dita axuda, sempre e cando estas cumprisen cos requisitos da convocatoria segundo as bases publicadas no BOP núm. 45 do 27 de marzo para o seu xeral coñecemento e que a súa vez, foron adecuadas á convocatoria de subvencións da Deputación da Coruña dentro do PROGRAMA PEL – CONCELLOS_ AXUDAS AO SECTOR DAS ORQUESTRAS E VERBENAS, INCLUÍDO NA LIÑA 1.3 DO PLAN DE EMPREGO LOCAL ANO 2022.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal