19/10/2023 Raquel Queizás estará este sábado en Laxe co seu contacontos ‘Chimpo de ra’

O Salón de Actos Culturais do Concello de Laxe acollerá este sábado, 21 de outubro, o contacontos para nenos e nenas ‘Chimpo de ra’, de Raquel Queizás.

A historia conta as vivencias de Nano, o irmán maior de Nona. El sabe dar grandes saltos de ra, pero ela aínda está a aprender: cae, non sabe, chora... Nano ten celos dela e quere volver a ser pequeno.

A sesión de contos inclúe unha narración apoiada en obxectos e monicreques para nenas e nenos a partir de 3 anos. Será a partir das 19:00 horas e terá unha duración de, aproximadamente, 35 minutos.

Forma parte da programación municipal para este outubro e está enmarcado na rede cultural da Deputación da Coruña.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal