23/11/2023 Laxe mellora e amplía o equipamento deportivo no ximnasio municipal

O Concello de Laxe ven de mellorar as instalacións do ximnasio municipal coa adquisición de novo equipamento deportivo.

A actuación, financiada a través do Proxecto de adquisición de material deportivo inventariable da Xunta de Galicia, e levada a cabo por Viraxes Servicios Deportivos, contou cun orzamento de 12.496,78 euros.

A instalación conta agora con dispositivos de peso libre, coa incorporación dunha prensa e unha estación multiexercicio. A maiores, tamén dispón dunha zona con distintas pesas de diferentes calibres, discos e barras.

A intervención incluíu tamén a renovación dalgunhas máquinas de exercicio cardiovascular, contando agora con novas bicicletas e elípticas.

Desde o Executivo local expresaron que estas melloras teñen o obxectivo de ofrecer á veciñanza un espazo axeitado e cuns servizos óptimos para a práctica deportiva. 

“Unha das prioridades do noso equipo de Goberno é a de fomentar a práctica deportiva e os hábitos saudables entre a veciñanza, por iso consideramos que a mellora das instalacións deportivas municipais é algo prioritario” sinalou o alcalde, José Luís Pérez.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal