05/12/2023 Rematadas as obras de mellora do parque infantil da praza dos Voluntarios

Rematadas as obras de mellora do parque infantil da praza dos Voluntarios

O Concello de Laxe vén de rematar as obras de mellora do parque infantil situado na praza do Voluntariado.

A actuación, enmarcada no Proxecto de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais, contou cun orzamento total de 50.820 euros, financiados coa
colaboración da Xunta de Galicia.Desta forma mellórase un espazo público moi utilizado polos nenos e nenas do
concello, que despois do remate desta obra, queda totalmente renovado.

Estas instalacións teñen un desgaste importante durante todo o ano ao ser moi utilizadas e
atoparse á intemperie, sufrindo os estragos froito das inclemencias do tempo.Segundo indica o rexedor local, Jose Luis Pérez Añón, “tratábase dunha actuación moi
demandada pola veciñanza do municipio, posto que o parque da praza dos Voluntarios
atópase nun lugar céntrico da nosa vila, xuntando a moitos pequenos e pequenas ao
seu arredor”.NOTA DE PRENSA CONCELLO LAXEDEPARTAMENTO DE PRENSA
CONCELLO DE LAXE - TF MÓBIL: 638 56 39 64/ 638 55 19 70“Con esta execución estreamos unha instalación pública moderna e de calidade, no
que os nenos e nenas poden gozar de todos os xogos con total seguridade”, rematou o
Alcalde.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal