O Concello de Laxe publicou a relación de gañadores da quinta edición do certame ‘Dillo ben bonito: O amor prémiase en Laxe’.
Nesta edición, o concurso contou cun total de 17 dedicatorias presentadas, entre as que se repartiron os 1058 votos emitidos a través das dúas canles habilitadas: a páxina de Facebook do Concello de Laxe e o servizo de mensaxería instantánea NovasLaxe.
As nove máis votadas levaron premio. ‘Rabia con amor’ foi a proposta máis votada cun total de 277 votos; seguida de ‘O noso destino: o mesmo’, con 182; e ‘E ti que sentes’, con 156. Estas son as tres propostas que integraron o pódio e que terán como recompensa unha noite en Cabanas Narea, Hotel** O Náutico e Islow Coliving, respectivamente.
Tamén foron agraciadas cunha noite de aloxamento e almorzo para dúas persoas en establecementos do municipio outras seis propostas: ‘Sorrisos e bágoas’, ‘Porque...’, ‘Quérote todo’, ‘Non hai maneira’, ‘Espazo compartido’ e ‘O viaxe’.
<< | < | Maio de 2024 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |