20/10/2021 PROXECTO DE PROMOCIÓN E POSTA EN VALOR DAS ZONAS PERCEBEIRAS DO CONCELLO DE LAXE

Proxecto financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)


EXPEDIENTE GALP: Galp3-076
Expediente municipal: 2021/A008/000016
Importe total do proxecto: 16.341,05 €
Importe total subvencionado: 13.889,89 €
Porcentaxe da subvención: 85%

O Concello de Laxe solicitou unha subvención á Consellería do Mar para o proxecto denominado “Promoción e posta en valor das zonas percebeiras do Concello de Laxe” co obxectivo específico de fomentar o crecemento económico, a inclusión social, a creación de emprego e o apoio á empregabilidade e mobilidade laboral nas comunidades costeiras e de interior dependentes da pesca e a acuicultura, incluíndo a diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima.

O obxecto do contrato consiste en promocionar e poñer en valor un importante recurso marisqueiro do Concello de Laxe como é o percebe, realizando:
-O deseño e instalación dun tótem de metal
-O deseño e instalación de seis paneis informativos con imaxes e textos en varios idiomas
-A instalación de seis indicadores de acceso
-O deseño e impresión de 5000 dípticos de promoción en varios idiomas, con códigos QR que tamén se engadiron aos paneis.  

Todas elas son actuacións coas que finalmente se contribúe ao aumento do valor engadido da cultura mariñeira e medioambiental da costa do Concello de Laxe,  a través da promoción e posta en valor da zonas percebeiras, permitindo realizar unha ruta bordeando a zona do Cabo de Laxe, que sigue uns paneis informativos comunicados entre si por camiños que a día de hoxe son moi utilizados para facer rutas de sendeirismo.  

Os resultados acadados coa implementación do “Proxecto de promoción e posta en valor das zonas percebeiras do Concello de Laxe” permitiron aumentar o valor engadido do percebe e tamén favorecer a diversificación das actividades realizadas no marco da pesca con respecto a outros sectores: a posta en marcha do proxecto favorece o incremento do número de visitantes a esta fermosa zona percebeira e isto inflúe positivamente na promoción doutros lugares de interese tanto dentro coma fora do Concello de Laxe. O proxecto tamén favorece que negocios locais, non vencellados co sector pesqueiro, oferten a degustación do percebe de extracción local como un atractivo adicional nas súas cartas. Así mesmo, este proxecto promove o coñecemento dos recursos medioambientais de Laxe, a través da difusión da actividade extractiva, totalmente artesanal,  e da propia visita aos lugares nos que se practica.    
O proxecto está financiado ao 85% polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

PROYECTO DE PROMOCIÓN Y PUESTA EN VALOR DE LAS ZONAS DE EXTRACCIÓN DEL PERCEBE DEL AYUNTAMIENTO DE LAXE

Proyecto financiado por el Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP)

EXPEDIENTE GALP: Galp3-076
Expediente municipal: 2021/A008/000016
Importe total del proyecto: 16.341,05 €
Importe total subvencionado: 13.889,89 €
Porcentaje de la subvención: 85%

El Ayuntamiento de Laxe solicitó una subvención a la Consejería del Mar para el proyecto denominado “Promoción e posta en valor das zonas percebeiras do Concello de Laxe” con objetivo específico de fomentar el crecimiento económico, la inclusión social, la creación de empleo y el apoyo a la empleabilidad y movilidad laboral en las comunidades costeras y de interior dependientes de la pesca y la acuicultura, incluyendo la diversificación de las actividades realizadas en el marco de la pesca respecto a otros sectores de la economía marítima.

El objeto del contrato consiste en promocionar y poner en valor un importante recurso marisquero del Ayuntamiento de Laxe como es el percebe, realizando:  
- El diseño e instalación de un tótem de metal
- El diseño e instalación de seis paneles informativos con imágenes y textos en varios idiomas
-La instalación de seis indicadores de acceso
-El diseño e impresión de 5000 dípticos de promoción en varios idiomas, con códigos QR que también están añadidos en los paneles.

Todas ellas son actuaciones con las que finalmente se contribuye al aumento del valor añadido de la cultura marinera y medioambiental de la costa del Ayuntamiento de Laxe,  a través de la promoción y puesta en valor de las zonas extractivas del percebe. Permiten realizar una ruta bordeando la zona del Cabo de Laxe, siguiendo unos paneles informativos comunicados entre sí por caminos que a día de hoy son muy utilizados para hacer rutas de sendeirismo.

Los resultados alcanzados con la implementación del “Proxecto de promoción e posta en valor das zonas percebeiras do Concello de Laxe” permiten aumentar el valor añadido del percebe y también favorecen la diversificación de las actividades realizadas en el marco de la pesca con respecto a otros sectores. La puesta en marcha del proyecto favorece el incremento del número de visitantes a esta hermosa zona extractiva y esto influye positivamente en la promoción de otros lugares de interés tanto dentro coma fuera del Ayuntamiento de Laxe. El proxecto también favorece que negocios locales, no vinculados con el sector pesquero, oferten la degustación del percebe de extracción local como un atractivo adicional en sus cartas. Así mismo, este proyecto promueve el conocimiento de los recursos medioambientales de Laxe, a través de la difusión de la actividad extractiva, totalmente artesanal,  y de la propia visita a los lugares en los que se practica. 

El proyecto está financiado al 85% por el Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP).




Portal cidadán de Laxe © by Abertal