10/11/2022 O Concello proxecta unhas xornadas de turismo arquitectónico e cultural nas igrexas parroquiais


O Concello de Laxe, en colaboración coa Deputación da Coruña, pon en marcha as 'Xornadas de Turismo Arquitectónico, Patrimonial e Cultural', actividades que se desenvolverán durante as fins de semana deste mes de novembro nas diferentes igrexas parroquiais.

En cada sesión celebrarase un concerto e, media hora antes de cada actuación, terá lugar unha charla sobre arquitectura a cargo do mestre de xeografía e historia Luis Giadás.

PROGRAMACIÓN

Sábado 12 (18.30 h). Igrexa de San Simón de Nande. ‘Caminhos cruzados’ (concerto de frauta e guitarra).

Sábado 19 (19.30 h). Igrexa de San Estebo de Soesto. ‘Vadim Yukynevich’ (concerto de acordeón e voz).

Sábado 26 (17.30 h). Igrexa de Santiago de Traba. ‘Clara Panas’ (concerto soprano-piano acompañante).

Domingo 13 (17.30 h). Igrexa de San Mamede de Sarces. ‘Esamble lulius XIII (concerto de frauta e piano con narrador/clarinete).

Domingo 20 (17.30 h). Igrexa de Santa María de Serantes. ‘Pablo Rodríguez’ (concerto guitarra).

Domingo 27 (17.30 h). Igrexa de Santa María de Atalaia. ‘Coro Cantabile’.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal