24/11/2022 25N. Laxe súmase á loita contra a violencia de xénero


Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres que se celebra este venres, 25 de novembro, o Concello de Laxe organiza unha serie de actos conmemorativos.

Ás 12:00 horas procederase á lectura do 'Manifesto de Apoio e Rexeitamento' ante casos de violencia machista diante da Casa do Concello. Posteriormente terá lugar unha solta de globos biodegradables en lembranza das que xa non están.

#NonMáisViolencias 💜

Portal cidadán de Laxe © by Abertal