O Concello de Laxe abre as votacións do IV Certame Creativo de Ovos de Pascua para a infancia.
A veciñanza pode escoller a súa creación favorita a través das dúas canles habituais:
- Dando "me gusta" ou "me encanta" na imaxe a través da páxina de Facebook
- Indicando o número de ovo e categoría a través do servizo de WhatsApp municipal NovasLaxe (657 771 006).
O prazo de votación estará aberto ata as 11:00 horas deste venres, 5 de abril.