O Patrulleiro Tabarca (P-28) da Armada Española realizará unha escala no porto de Laxe o xoves 13 de febreiro, dentro da súa misión de Vixilancia e Seguridade Marítima en augas do litoral galego. Esta iniciativa conta coa colaboración da Real Liga Naval Española, reforzando así o compromiso coa difusión da cultura e o patrimonio marítimo.Durante a súa estancia en Laxe, o Tabarca estará aberto ao público en horario de:
🕥 10:30 - 13:30
🕞 15:30 - 18:30
As persoas que visiten o buque poderán coñecer de preto as súas instalacións, os equipos e capacidades operativas, así como descubrir a vida cotiá a bordo dun patrulleiro da Armada. O persoal do buque estará dispoñible para explicar as súas misións e responder a todas as preguntas dos visitantes.Sobre o Patrulleiro "Tabarca"O Tabarca pertence á Clase "Anaga", unha serie de dez buques construídos para tarefas de vixilancia e control marítimo. Actualmente, só permanecen en servizo tres destas unidades. O buque leva o nome da illa alacantina de Tabarca e ten a súa base na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra).
O seu comandante actual é o Tenente de Navío Pablo Lewicki Basanta, natural de Pontevedra.A súa misión principal é garantir a seguridade marítima a través da presenza naval e o control dos espazos marítimos de interese nacional. Ademais, colabora activamente no adestramento do alumnado da Escola Naval Militar.
Colaboración coa Real Liga Naval EspañolaA escala do Tabarca en Laxe conta co apoio da Real Liga Naval Española, unha entidade histórica dedicada á promoción e defensa dos intereses marítimos e náuticos. A súa implicación nesta iniciativa pon en valor a importancia do sector naval e fomenta o achegamento da cidadanía ao mundo marítimo.📢
Unha oportunidade única para coñecer de preto a vida e misións da Armada Española. Non perdas a ocasión de subir a bordo do Tabarca!#Laxe #ArmadaEspañola #PatrulleiroTabarca #SeguridadeMarítima #RealLigaNaval #ViveOLaxeMarítimo 🌊⚓🎖️