Despois da paréntese forzosa do 2020, este sábado reiniciamos en Laxe a que será a décima edición do magosto con mostra de artesanía, na que tampouco faltará a diversión para os máis pequen@s da casa con inchables e obradoiros realizados a partir dos froitos do outono: castañas e cabazas serán algúns dos elementos a partir dos cales desenvolverán a súa creatividade.No caso de que queiran levarse unha "cabaza creativa", cada familia deberá aportar a súa propia cabaza á que poderán engadir diferentes elementos decorativos.
Visitada a exposición artesanal con máis de 10 modalidades confirmadas a data de hoxe, todas as persoas participapntes do evento poderán degustar unhas castañas asadas e levar de recordo unha imaxe individual ou grupal tomada no "escenario outonal dos bos recordos" do Magosto e Mostra de Laxe 2021 creado para a ocasión. Como é de esperar, a xornada desenvolverase seguindo as últimas medidas e recomendacións do protocolo anticovid.
<< | < | Xullo de 2025 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |