17/04/2021 PEL EMPREGO SUSTENTABLE DEPUTACIÓN A CORUÑA

FORMACIÓN PARA OBTER A ACREDITACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2 E 3.

FORMACIÓN PARA OBTER A ACREDITACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2 E 3.

Prazo de presentación: do día 14 de Abril, ás 14:00H do 5 de Maio 2021.

Sede máis cercana El Ábaco (Baio Zas)

Competencias clave nivel 2: Comunicación en lingua castelá e matemáticas 302 horas.

Quen pode presentar unha solicitude

Persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda, e que ademais cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter cumpridos os 16 anos de idade.Estar empadroado/a en algún dos concellos do territorio do proxecto (poboación inferior a 50.000 habitantes).
  • Saber ler e escribir.
  • Pertencer a algún dos seguintes colectivos:                                                                                                       
  1. Persoas desempregadas de longa duración (PLD).Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ).
  2. Persoas maiores de 55 anos.
  3. Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación.
  4. Persoas inmigrantes.
  5. Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas.
  6. Outros colectivos desfavorecidos como participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.
  7. Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais Municipai.

Como e onde facer o proceso

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite".

Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

Enlace:

https://sede.laxe.es/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/AccionFormativa_PEL_Sustentable

Para máis información Servizo de orientación laboral Concellos de Laxe e Zas

Portal cidadán de Laxe © by Abertal